jueves, 27 de octubre de 2011

A Parada da Pescadeira

 Co nome da Parada da Pescadeira bautizamos o noso proxecto turístico.Ó igual que antaño desde Casa de Trillo quéreselle dar valor ós produtos do mar de varias formas: a través da concienciación no respecto á actividade mariñeira e mariscadora, a través do enxalzamento da calidade destes produtos e dos seus sabores e enmarcándoos nun territorio cheo de recursos naturais, de cultura e de tradicións moi remotas. Temos experiencia de traballo en rede a través de varios proxectos e tamén formamos parte de ofertas como “Turismo Rural Mariñeiro”, “Xuventur”, “Turismo Rural para Maiores”, “Saboreando Galicia desde Muxía”, “Outonos Gastronómicos”, etc. Partimos da experiencia de Casa de Trillo, como pequeno establecemento de turismo rural, e desexamos crear un espazo que dé cabida a: aloxamento temático, venta de produtos do mar, organización de actividades baseadas no mar (surf, sendeirismo, pesca deportiva, ornitoloxía), oferta de instalacións en condicións preferentes á comunidade mariñeira, exposición permanente e viva, sala de formación e conferencias e potenciación da gastronomía con produtos do noso mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario